martes, 17 de decembro de 2024

Panxoliñas 2024

 O sábado 21 de decembro de 2024, ás 19:30 horas, na igrexa de San Miguel de Bouzas, organizado polo Coro sénior do campus de Vigo, celebrarase o Concerto de Nadal "Panxoliñas 2024". No concerto participarán, como convidado, o Coro da Escola de Arte Dramática de Galicia e o Coro sénior do campus de Vigo.



venres, 13 de decembro de 2024

Presentación IBERLONGEVA

 O Coro sénior do campus de Vigo actuará na Xornada de presentación IBERLONGEVA que se celebrará o martes, 17 de decembro, no salón de actos do Edificio Politécnico do campus de Ourense.

Neste acto, ao que está convidado o alumnado do Programa Universitario de Maiores dos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo, María Mónica de la Fuente del Rey bióloga, doutora e científica española, experta no control do envellecemento humano, impartirá a conferencia: "Como conseguir unha lonxevidade saudable"

A finalizar o a conferencia o Coro sénior interpretará o seguinte repertorio:

  • Verbun caro factus est
  • Locus iste
  • Engedellos
O acto rematará co himno universtario "Gaudeamus Igitur"


xoves, 12 de decembro de 2024

Panxoliñas de Nadal

 O xoves, 19, ás 20:30 horas, no salón de actos da Escola de Enxeñaría Industrial, sede Torrecedeira, o Coro sénior do campus de Vigo ofrecerá un concerto de panxoliñas de Nadal. 

O Coro interpretará o seguinte repertorio:

  1. Locus Iste

  2. Verbum Caro

  3. Adeste Fideles

  4. Los Reyes Magos

  5. Está nevando.

  6. Siempre es Navidad.

Está especialmente convidado o alumnado do Programa universitario de Maiores da Universidade de Vigo, aínda que a entrada é aberta e gratuíta ata completar o aforamento da sala.



xoves, 28 de novembro de 2024

Liñas xerais do repertorio do Coro Sénior do Campus de Vigo

 O Coro Sénior do Campus de Vigo ven de aprobar na súa Asemblea Xeral, celebrada o 22 de novembro de 2024, o documento de ”Liñas xerais do repertorio do Coro Sénior do Campus de Vigo

Este documento, discutido e aprobado na Xunta Directiva, é unha proposta elaborada polo seu relator Xacobe Izquierdo, o noso vicepresidente. Indica cales deben ser os repertorios e períodos onde escoller as obras que o Coro interpretará.

Será necesario, tal como recolle o documento que “En calquera caso, parece ineludible que o Coro Sénior do Campus de Vigo, deberá se mover no ámbito dun perfil xeneralista, abarcando un repertorio con obras de moi diversas épocas e estilos. aínda así, dado o inabarcable do mundo da creación musical, parece convinte formular unha certa clasificación aos efectos de establecer unha certa proporcionalidade entre os distintos mundos musicais á hora de ir fixando repertorios, sen deixar esquecido ningún deles”.

Seguiremos así, coa tradición dos coros que no século pasado abordaban repertorios complexos, dende o gregoriano á música contemporánea máis actual, sen esquecer a música tradicional e popular galega.

mércores, 13 de novembro de 2024

Festival de Nadal no Val do Fragoso

 O sábado, 30 de novembro, ás 19:00 horas, o Coro sénior do campus de Vigo xunto coa Coral Polifónica San Pelayo de Navia e a anfitriona, Coral Val do Fragoso, participará no Festival de Nadal, organizado pola Asociación Val Do Fragoso C.S.C.D.R "Val do Fragoso"

Se vos apetece achegarvos, o auditorio está aquí

 



Artigos máis vistos