sábado, 25 de xaneiro de 2025

San Tomé de Aquino 2025

 O martes, 28 de xaneiro, a Universidade de Vigo celebrará o acto de San Tomé de Aquino, patrón da universidade. No acto entregaranse as distincións académicas ao alumnado que obtivera os premios de doutoramento e ao que lograra os mellores expedientes nas titulacións de grao. No acto participa a comunidade universitaria, persoal docente, de administración, servizos e xestión, alumnado e tamén, as familias dos premiados.

O acto celebrarase no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e a actuación músical estará a cargo do Coro sénior do campus de Vigo.

Actualización 30-01-25

Celebrado o acto de San Tomé, incorporamos o vídeo da UVigo TV correspondente ao mesmo. O Coro sénior interpretou o seguinte repertorio:

  • Dona nobis pacem  (Wolfgang Amadeus Mozart) Inicio
  • Enguedellos (Francisco Rey Rivero) 27'
  • Gaudeamus Igitur (Popular) 1 h 11'


Ningún comentario:

Artigos máis vistos