O Coro Sénior do Campus de Vigo ven de aprobar na súa Asemblea Xeral, celebrada o 22 de novembro de 2024, o documento de ”Liñas xerais do repertorio do Coro Sénior do Campus de Vigo”
Este documento, discutido e aprobado na Xunta Directiva, é unha proposta elaborada polo seu relator Xacobe Izquierdo, o noso vicepresidente. Indica cales deben ser os repertorios e períodos onde escoller as obras que o Coro interpretará.Será necesario, tal como recolle o documento que “En calquera caso, parece ineludible que o Coro Sénior do Campus de Vigo, deberá se mover no ámbito dun perfil xeneralista, abarcando un repertorio con obras de moi diversas épocas e estilos. aínda así, dado o inabarcable do mundo da creación musical, parece convinte formular unha certa clasificación aos efectos de establecer unha certa proporcionalidade entre os distintos mundos musicais á hora de ir fixando repertorios, sen deixar esquecido ningún deles”.
Seguiremos así, coa tradición dos coros que no século pasado abordaban repertorios complexos, dende o gregoriano á música contemporánea máis actual, sen esquecer a música tradicional e popular galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario