O Coro sénior do campus de Vigo, é un coro novo, fundado en 2021, formado por persoas maiores con gusto pola música e as distintas expresións artísticas e afeccionadas ao canto coral.
Ten entre os seus obxectivos os de manter e poñer en valor a tradición centenaria dos coros universitarios de xeito que esa valiosa práctica músical en actos solemnes sexa entendida como un valor inmaterial a protexer e perdure no tempo, ainda que, lóxicamente debamos adaptarnos ao mundo actual, incluíndo tamén, no noso repertorio obras de compositores máis vangardistas, sen que iso supoña o abandono de obras clásicas que ao longo de moitísimos anos foron interpretadas por importantes coros universitarios e clásicos.
O proceso de identificación do Coro sénior campus Vigo como elemento que nos diferencie dentro do extenso mundo coral foi posible grazas ao compromiso das persoas fundadoras participantes, maioritariamente, alumnado do Programa Universitario de Maiores (PUM) e á actividade que ven desenvolvendo dende a súa fundación baixo a dirección coral, musical e artística do seu director Jacobo García González
Memorias
Memoria actividades curso 2024-25
Memoria actividades curso 2023-2024
Memoria actividades curso 2022-2023
Ningún comentario:
Publicar un comentario