domingo, 27 de setembro de 2026

Concerto de Outono

 O sábado, 10 de outubro, ás sete da tarde, celebrarase o Concerto de Outono, no auditorio da Asociación Veciñal Cultural e Deportiva de San Miguel de Oia. No concerto coral participarán o Coro sénior do campus de Vigo e o Orfeón Mariñeiro do Berbés.

Durante o concerto realizarase unha ceremonia de renovación de votos dunha parella que canta en ámbolos coros. Quen serán os que celebran as súas vodas de ouro? 

O Coro sénior será o primeiro en intervir e interpretará o seguinte repertorio: 

  • Canticorum
  •  Está terra
  •  Peixiño de cristal
  •  Prende salgueiriño 
  •  Cançao do mar
  •  Lela

Pola súa parte o Orfeón cantará as seguintes cantigas:

  •  Alalá de Muxía
  •  Muller miña
  •  Foliada de Corrubedo
  •  Foliada de Cerdedo
  •  A roupa do mariñeiro
  •  Laurendinha


venres, 18 de setembro de 2026

III Festival das linguas e as culturas

O sábado, 26 de setembro, na praza do Berbés de Vigo, celébrase o III Festival das linguas e as culturas, organizado polo Instituto de Investigación Lingua (iLingua) da Universidade de Vigo. Dende as once da mañá e durante todo o día celebraranse obradoiros, talleres, relatorios, bailes e música. Haberá ademais comida para gozar dun día de encontro e convivencia entre as persoas participantes. 

O festival conta coa colaboración de embaixadas, institucións culturais, e asociacións diversas. Entrelas o Coro sénior do campus de Vigo que ofrecerá unha actuación musical ás 11:20 hs., ao inicio da xornada.

O programa completo pódese ver  aquí


 


martes, 8 de setembro de 2026

Ven e canta co Coro sénior

Comeza un novo curso e é o momento de dicidir que vas facer en que vas a ocupara o teu tempo. 
Se queres cantar, viaxar e pasalo ben, ofrecémosche a oportunidade de apuntarte ao ao Coro sénior do campus de Vigo.

No Coro terás:

  • Formación vocal
  • Repertorio culto, clásico e popular
  • Bo ambiente e compañerismo
  • Participación en concertos e viaxes

Se tes

  • Voz de soprano, contralto, tenor ou baixo
  • Se tes experiencia ou non
  • Se che gusta cantar

Ensaiamos os luns e xoves, das 10:30 ás 12:30 horas
Na Facultade de Comercio, os xoves, na Escola de Enxeñaría Industrial, os luns. Os dous están nun lugar céntrico e moi ben comunicado na rúa Torrecedeira.

Se queres ter máis información, enche este formulario ou acude aos lugares de ensaio e falamos.


 

sábado, 5 de setembro de 2026

Acto de apertura do curso académico 2026/2027 do SUG

 O martes, 8 de setembro, ás 12:00 hs, no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do campus de Vigo, celebrarase o Acto de apertura do curso académico 2026/2027 do Sistema Universitario de Galicia, quer dicir, da Universidade da Coruña, da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade de Vigo, a quen lle corresponde por rotación a organización da celebración.

O acto estará presidido polo presidente da Xunta de Galicia e nel participarán as reitoras e o reitor das universidades galegas.

O Coro sénior do campus de Vigo será o encargado da parte musical do mesmo.


 

 

mércores, 2 de setembro de 2026

Xornada de benvida ao novo alumnado do curso 2026-2027

 O xoves, 3 de setembro, a Asociación Coro Sénior Campus de Vigo participará na "Xornada de benvida" ao novo alumnado do curos 2026-2027 que agora comeza. No Pavillón de Deportes do Campus de Vigo estaremos presentando a nosa actividade xunto ás demais asociación universitarias e os servizos da Universidade. Realizaremos un ensaio aberto para mostrar como preparamos as nosas intervencións en concertos e actos universitarios e aproveitaremos para relacionarnos e darlle a benvida ás persoas recién matriculadas, tanto nos estudios de grao como no programa sénior.

 


 

Artigos máis vistos