venres, 17 de abril de 2026

Habaneras 2026

 


O domingo, 26 de abril, o Coro sénior do campus de Vigo participará no XXº Festival de Habaneras e Polifonía "Ao son das Illas Cíes". Nesta xornada na que finaliza esta edición, a partir das seis da tarde compartiremos o escenario do Teatro Afundación (antes García Barbón) con outras cinco corais para pechar o concerto.




 

venres, 10 de abril de 2026

Ensaio aberto con Javier Busto


A participación de varias persoas membros do Coro Sénior no ensaio aberto celebrado do Multiusos de Chapela na tarde do xoves, 11 de abril, dirixido por Javi Busto supuxo unha experiencia enriquecedora tanto a nivel musical como humano. Días antes do encontro, as persoas participantes recibiramos a partitura e os audios das distintas voces, soprano, contralto tenor e baixo, o que nos permitiu familiarizarnos coa obra “Latexos da Ría”, composta especialmente para a ocasión polo recoñecido director coral. 
Este traballo previo, facilitou unha maior comprensión da peza e contribuíu a que o ensaio se desenvolvese cun alto nivel de aproveitamento. A partitura foi creada e dedicada polo autor ás corais dirixidas por Alberto Abal e tamén, aos moitos amigos galegos que aman a música escrita para o "cantar a coro"

O encontro, organizado por Alberto Abal, director das corais Ensamble Vocal Ángel Barja, Voces Graves,  María Auxiliadora, reuniu a cantores e cantoras con distintas traxectorias, xerando un espazo de aprendizaxe compartida e convivencia arredor da música coral. Baixo a dirección de Xavi Busto, o grupo puido afondar en aspectos interpretativos, dinámicos e expresivos da obra, descubrindo matices que enriquecen a súa execución.

Para as persoas integrantes do Coro Sénior, esta experiencia resultou especialmente proveitosa. A formación continua en técnica vocal e solfexo que recibimos semanalmente do noso director, Jacobo García, foi clave para afrontar con seguridade e solvencia os retos da partitura. Grazas a esta base, puideron integrarse con facilidade no conxunto e responder ás indicacións do director convidado. 

En definitiva, o ensaio aberto non só permitiu mellorar a interpretación dunha obra de nova creación, senón tamén fortalecer a confianza, a cohesión e o entusiasmo das persoas participantes. Téñase en conta que a maioría nos estabamos acostumadas a cantar xuntas. O traballo de Javi Busto, os consellos e correccións entre bromas, permitiron que en pouco máis dunha hora, unha obra que ata ese momento non interpretáramos, soara ben. Actividades coma esta evidencian o valor da formación continua e do intercambio musical como ferramentas fundamentais para o crecemento dun coro.

Por todo o anterior queremos agradecer a invitación de Alberto Abal, a xenerosidade e sabiduría de Xavi Busto, e a entrega e paciencia do noso director, Jacobo García. De todos eles aprendemos os segredos que os autores gardan máis alá da lectura simple dunha partitura. A interpretación dunha canción pode permitir contar una historia con emoción e transmitir ledicia, tristura, nostalxia, sentimentos en suma para chegar aos corazóns dos asistentes a un concerto.

Rematado o ensaio, entregáronselle uns agasallos a Javi Busto. Por parte do Coro sénior, a nosa presidenta, Milagres Chapela, colocoulle a beca   do Coro coa que nos identificamos en cada concerto, Tamén lle entregamos una copia impresa da partitura da súa composicón "Esta tierra", coa letra dun poema de Francisco Pino e traducida ao galego  polo compañeiro do Coro, Cándido Pérez, que é una das canción do noso repertorio máis aplaudidas. 

xoves, 2 de abril de 2026

19º Festival Coral de Música Sacra na igrexa de San Miguel de Bouzas

 O sábado, 11 de abril, ás 20:30 horas, o Coro sénior do campus de Vigo participará no concerto do  19º Festival Coral de Música Sacra, organizado por ACOPOVI e co patrocinio do Concello de Vigo que se celebrará na igrexa de San Miguel de Bouzas


Os coros participantes interpretarán o repertorio que compartimos de seguido. 




CORAL POLIFÓNICA AMADEUS, dirixido por Juanjo Cura 
Mesías: Since by man came death (G. F. Haendel)
Que Dios te bendiga (Peter Lutkin)
Oh, Señor, eu non son merecente (Ángel Viro)
God so loved the world (John Stainer)
Himno Teresiano (Santa Teresa de Jesús)

CORO SÉNIOR CAMPUS DE VIGO, dirixido por Jacobo García González
Lascia ch’io pianga (G. F. Haendel)
Signore delle cime (Giuseppe di Marzi)
Popule meus "Improperia" (T. L. de Victoria)
Locus iste (Anton Bruckner)
Cantata 147: Jesus bleibet meine Freude (J. S. Bach)

 

Celebrado o concerto pódense visualizar os vídeos nesta "lista de reprodución de música sacra 2026" 

Agradecemos ao público a súa asistencia, afecto e aplausos


 

xoves, 26 de marzo de 2026

19º Festival Coral de Música Sacra na igrexa do Rocío

 O luns, 30 de marzo , ás 20:30 horas, o Coro sénior do campus de Vigo participará no concerto do  19º Festival Coral de Música Sacra, organizado por ACOPOVI e co patrocinio do Concello de Vigo que se celebrará na igrexa de Nosa Señora do Rocío. Os coros participantes interpretará o repertorio que compartimos de seguido.

CORAL POLIFÓNICA PEDRA BLANCA DE CESANTES, dirixida por Miguel Francisco Moreno Pérez, ofrecerá o segunite repertorio:
Hallelujah! (Leonard Cohen)
Ave María (Francisco Palazón)
Signore delle cime (Giuseppe di Marzi)
Ave verum corpus (W. A. Mozart)
Suite litúrgica: Sanctus (Eugène Butler)

CORO SÉNIOR CAMPUS DE VIGO, dirixido por Jacobo García González, cantarán as seguintes pezas:
Lascia ch’io pianga (G. F. Haendel)
Stabat Mater (Zoltán Kodály)
Popule meus "Improperia" (T. L. de Victoria)
Locus iste (Anton Bruckner)
Cantata 147: Jesus bleibet meine Freude (J. S. Bach)

CORAL POLIFÓNICA VIVACCE, dirixida por Nani Lima Montenegro, rematará o acto coa interpretación de:
Canta Aleluya (Linda Stassen)
Anima Christi (Marco Frisina)
Messe brève: O salutaris Hostia (Léo Delibes)
La Encarnación (John Rutter)
Salve Rociera (Manuel Pareja)


 

martes, 24 de febreiro de 2026

O Coro na Radio 50 y pico

O mércores, 25 de febreiro. o Coro sénior participará na gravación do programada Radio 50 y pico. Interpretaremos dúas pezas do noso repertorio: Cançao do mar (Federico de Brito, Ferrer Trinidade, Harmonizado por Ramiro Lopes) e Esta terra (Francisco Pino, Javier Busto)

No programa entrevistarán ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel J. Reigosa Roger, e ao alcalde da cidade Abel R Caballero Álvarez. Como este non puido acudir, envíou para que o substituira a concelleira de medio ambente Nuria Rodríguez. 

Se queres  escoitar o programa de radio completo fai clic aquí E se queres escoitar as cancións interpretadas polo Coro sénior pincha no enlace correspondente:

A Radio 50 y pico pertencen ao grupo de emisoras Radio CEUS (Cadena de Emisoras Universitarios Sénior)

 


 

Artigos máis vistos