A participación de varias persoas membros do Coro Sénior no ensaio aberto celebrado do Multiusos de Chapela na tarde do xoves, 11 de abril, dirixido por Javi Busto supuxo unha experiencia enriquecedora tanto a nivel musical como humano. Días antes do encontro, as persoas participantes recibiramos a partitura e os audios das distintas voces, soprano, contralto tenor e baixo, o que nos permitiu familiarizarnos coa obra “Latexos da Ría”, composta especialmente para a ocasión polo recoñecido director coral. Este traballo previo, facilitou unha maior comprensión da peza e contribuíu a que o ensaio se desenvolvese cun alto nivel de aproveitamento. A partitura foi creada e dedicada polo autor ás corais dirixidas por Alberto Abal e tamén, aos moitos amigos galegos que aman a música escrita para o "cantar a coro"
O encontro, organizado por Alberto Abal, director das corais Ensamble Vocal Ángel Barja, Voces Graves, María Auxiliadora, reuniu a cantores e cantoras con distintas traxectorias, xerando un espazo de aprendizaxe compartida e convivencia arredor da música coral. Baixo a dirección de Xavi Busto, o grupo puido afondar en aspectos interpretativos, dinámicos e expresivos da obra, descubrindo matices que enriquecen a súa execución.
Para as persoas integrantes do Coro Sénior, esta experiencia resultou especialmente proveitosa. A formación continua en técnica vocal e solfexo que recibimos semanalmente do noso director, Jacobo García, foi clave para afrontar con seguridade e solvencia os retos da partitura. Grazas a esta base, puideron integrarse con facilidade no conxunto e responder ás indicacións do director convidado.
En definitiva, o ensaio aberto non só permitiu mellorar a interpretación dunha obra de nova creación, senón tamén fortalecer a confianza, a cohesión e o entusiasmo das persoas participantes. Téñase en conta que a maioría nos estabamos acostumadas a cantar xuntas. O traballo de Javi Busto, os consellos e correccións entre bromas, permitiron que en pouco máis dunha hora, unha obra que ata ese momento non interpretáramos, soara ben. Actividades coma esta evidencian o valor da formación continua e do intercambio musical como ferramentas fundamentais para o crecemento dun coro.
Por todo o anterior queremos agradecer a invitación de Alberto Abal, a xenerosidade e sabiduría de Xavi Busto, e a entrega e paciencia do noso director, Jacobo García. De todos eles aprendemos os segredos que os autores gardan máis alá da lectura simple dunha partitura. A interpretación dunha canción pode permitir contar una historia con emoción e transmitir ledicia, tristura, nostalxia, sentimentos en suma para chegar aos corazóns dos asistentes a un concerto.
Rematado o ensaio, entregáronselle uns agasallos a Javi Busto. Por parte do Coro sénior, a nosa presidenta, Milagres Chapela, colocoulle a beca do Coro coa que nos identificamos en cada concerto, Tamén lle entregamos una copia impresa da partitura da súa composicón "Esta tierra", coa letra dun poema de Francisco Pino e traducida ao galego polo compañeiro do Coro, Cándido Pérez, que é una das canción do noso repertorio máis aplaudidas.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Artigos máis vistos
-
Harmonía Transfronteiriza: A Música Coral como Ponte Cognitiva e Vencemento da Fenda InterxeracionalAndrés Vázquez Piñeiro Médico Xerontólogo Clínico A música ten un poder universal: o de conectar. Cando se utiliza como ponte en programa...
-
Imos celebrar o mes de Nadal coa música coral chea de panxoliñas e villancicos. Para iso o Coro sénior do campus de Vigo organiza e progra...
-
O xoves, 14 de maio, na Escola de Enxeñaría Industrial (Torrecedeira), celebraremos as Letras Galegas , dedicadas, este ano pola Real Acad...


Ningún comentario:
Publicar un comentario