domingo, 27 de setembro de 2026

Concerto de Outono

 O sábado, 10 de outubro, ás sete da tarde, celebrarase o Concerto de Outono, no auditorio da Asociación Veciñal Cultural e Deportiva de San Miguel de Oia. No concerto coral participarán o Coro sénior do campus de Vigo e o Orfeón Mariñeiro do Berbés.

Durante o concerto realizarase unha ceremonia de renovación de votos dunha parella que canta en ámbolos coros. Quen serán os que celebran as súas vodas de ouro? 

O Coro sénior será o primeiro en intervir e interpretará o seguinte repertorio: 

  • Canticorum
  •  Está terra
  •  Peixiño de cristal
  •  Prende salgueiriño 
  •  Cançao do mar
  •  Lela

Pola súa parte o Orfeón cantará as seguintes cantigas:

  •  Alalá de Muxía
  •  Muller miña
  •  Foliada de Corrubedo
  •  Foliada de Cerdedo
  •  A roupa do mariñeiro
  •  Laurendinha


venres, 18 de setembro de 2026

III Festival das linguas e as culturas

O sábado, 26 de setembro, na praza do Berbés de Vigo, celébrase o III Festival das linguas e as culturas, organizado polo Instituto de Investigación Lingua (iLingua) da Universidade de Vigo. Dende as once da mañá e durante todo o día celebraranse obradoiros, talleres, relatorios, bailes e música. Haberá ademais comida para gozar dun día de encontro e convivencia entre as persoas participantes. 

O festival conta coa colaboración de embaixadas, institucións culturais, e asociacións diversas. Entrelas o Coro sénior do campus de Vigo que ofrecerá unha actuación musical ás 11:20 hs., ao inicio da xornada.

O programa completo pódese ver  aquí


 


martes, 8 de setembro de 2026

Ven e canta co Coro sénior

Comeza un novo curso e é o momento de dicidir que vas facer en que vas a ocupara o teu tempo. 
Se queres cantar, viaxar e pasalo ben, ofrecémosche a oportunidade de apuntarte ao ao Coro sénior do campus de Vigo.

No Coro terás:

  • Formación vocal
  • Repertorio culto, clásico e popular
  • Bo ambiente e compañerismo
  • Participación en concertos e viaxes

Se tes

  • Voz de soprano, contralto, tenor ou baixo
  • Se tes experiencia ou non
  • Se che gusta cantar

Ensaiamos os luns e xoves, das 10:30 ás 12:30 horas
Na Facultade de Comercio, os xoves, na Escola de Enxeñaría Industrial, os luns. Os dous están nun lugar céntrico e moi ben comunicado na rúa Torrecedeira.

Se queres ter máis información, enche este formulario ou acude aos lugares de ensaio e falamos.


 

sábado, 5 de setembro de 2026

Acto de apertura do curso académico 2026/2027 do SUG

 O martes, 8 de setembro, ás 12:00 hs, no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do campus de Vigo, celebrarase o Acto de apertura do curso académico 2026/2027 do Sistema Universitario de Galicia, quer dicir, da Universidade da Coruña, da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade de Vigo, a quen lle corresponde por rotación a organización da celebración.

O acto estará presidido polo presidente da Xunta de Galicia e nel participarán as reitoras e o reitor das universidades galegas.

O Coro sénior do campus de Vigo será o encargado da parte musical do mesmo.


 

 

mércores, 2 de setembro de 2026

Xornada de benvida ao novo alumnado do curso 2026-2027

 O xoves, 3 de setembro, a Asociación Coro Sénior Campus de Vigo participará na "Xornada de benvida" ao novo alumnado do curos 2026-2027 que agora comeza. No Pavillón de Deportes do Campus de Vigo estaremos presentando a nosa actividade xunto ás demais asociación universitarias e os servizos da Universidade. Realizaremos un ensaio aberto para mostrar como preparamos as nosas intervencións en concertos e actos universitarios e aproveitaremos para relacionarnos e darlle a benvida ás persoas recién matriculadas, tanto nos estudios de grao como no programa sénior.

 


 

domingo, 5 de xullo de 2026

Concerto de corais no CCR de Cabral

O domingo, 12 de xullo, ás 19:30 horas, no auditorio do Centro Cultural e Recreativo de Cabral, celebrarase un CONCERTO CORAL, organizado polo Coto Asociación Cultural, coa  participación da Coral Cantos de Liberdade, o Coro sénior do campus de Vigo e Coro Polifónico O Coto do Carballal.

O concerto comezará coa actuación do Coro Cantos de Liberdade que interpretarán:
- Siyahamba (Tradicional Sudafricana)
- Tango rumba para 4 ó 24 (Polo Vallejo)
- Bella ciao (Popular Italiana)
- Canon de la pau (Romain Rolland, François Terral)
- Alalá das mariñas (Tradicional, arranxada por César Lorenzo)

Continuará coa interveción do Coro sénior  co seguinte repertorio:

 -Peixiño de cristal  (Álvarez Blázquez / X.A. Oliveira)
- Esta Terra  (Francisco Pino / Javier Busto)
- Prende Salgueiriño Prende (Emilio Lede)
- Canção do mar (Federico Brito / F. Trincade)
- Lela  (Castelao / R. Mato Hermida)

Para finalizar O Coto do Carballal cantará:
- Soño de prata (Manuel de Dios)
- Galicia (Manuel María, música de Suso Bahamonde e arranxos de Pablo Rico)
- O amor non é leria (Popular, Ángel Viro)
- Caraveles(Rey Rivero)
- O rodaballo (Popular, arranxos de Joaquín Broto) 

sábado, 27 de xuño de 2026

Graduacións curso 2025-2026

 Como ven sendo habitual o Coro sénior púxolle música a varios actos de graduación de diferentes titulacións da Universidade de Vigo. 

Algúns dos vídeos poden visualizarse na lista de reprodución "Graduacións 2026"

Comezamos o martes, 17 de xuño, coa graduación do alumnado do Programa Universitario de Maiores (PUM), no salón de Actos d Facultade de Filoloxía e Tradución. Esta graduación é especial para nós, pois reciben o diploma de graduadas e graduados as nosas compañeiras e compañeiros. Neste acto interpretamos os seguintes temas:  Prende salgueiriño, Canção do Mar, Ay! Linda amiga, Compañeira, Gaudeamus Igitur e  Himno galego. 

Ao día seguinte participamos na graduación do alumnado de grao e mestrado do alumnado da Facultade de Comercio, centro que nos acolle e no que celebramos unha parte dos nosos ensaios. O acto celebrouse no Pazo de Congresos Mar de Vigo no que cantamos Cohors Generosa, Cançao do mar e Gaudeamus Igitur.

O acto de graduación foi gravado por UVigo TV e pode verse neste enlace 


O venres, 19 de xuño, no salón de actos da Facultade Ciencias Económicas e Empresariais, cantamos no acto de graduación do alumnado do grao de Dereito da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. Nese acto que como sempre pechamos co Gaudeamus Igitur, iniciouse ao son de Canticorum jubilo e logo da entrega de diplomas foi momento da habanera galega Peixiño de cristal.

Rematamos o venres, 26, no mesmo lugar e para alumnado da mesma Facultade que o anterior acto coa  graduación da titulación de Relacións  Laborais e Recursos Humanos e do curso de integración "Programa universitario para o emprego e a vida autónoma". O repertorio neste acto foi Cum decore, ao que lle seguiu Prende salgueiriño, prende e finalizamos co himno universitario Gaudeamus Igitur.

domingo, 21 de xuño de 2026

Concerto de encerramento da USS de Sanguedo

 
O sábado, 20 de xuño, desprazamos a Sanguedo en Portugal para participar no Concerto de fin de curso do alumnado da Universidade Sénior de Sanguedo. O concerto tivo lugar na Igreja Matriz de Santa Eulália de Sanguedo.

Foi un fermoso acto de música coral e convivencia no que nos xuntamos con outros coros de similar composición que interperetamos un repertorio diverso.

Interviron os grupos da organización convocante, Tuna e Coro da Universidade Sénior de Sanguedo, e os coros convidados: Coro da Universidade Sénior de Espinho, Associacião de Cultura e Ensino de Espinho, Universidade Sénior Rotary de Valongo e o Coro Sénior do Campus de Vigo.

xoves, 7 de maio de 2026

Letras galegas 2026 na Concatedral

 O venres, 15 de maio, na Concatedral-Basílica de Santa María, celebraremos un concerto das Letras Galegas, dedicadas, este ano pola Real Academia Galega, a Begoña Caamaño. Comezará ás 19:00 horas, logo de cantar a misa do Santo Cristo da Vitoria 

O repertorio do concerto será

  • Peixiño de cristal (Xosé María Álvarez Blázquez, Xosé Alfredo Oliveira)
  • Está Terra, (Francisco Pino,Javier Busto) 
  • Prende salgueiriño prende (popular galega, harmonizado por Emilio Lede)
  • Canção do Mar (Federico de Brito, Ferrer Trinidade, Harmonizado por Ramiro Lopes)
  • Lela (Alfonso D. Rguez Castelao, Rosendo Mato Hermida, Xosé Carlos Seráns)





Letras galegas 2026 na Escola de Enxeñaría Industrial

 O xoves, 14 de maio, na Escola de Enxeñaría Industrial (Torrecedeira), celebraremos as Letras Galegas, dedicadas, este ano pola Real Academia Galega, a Begoña Caamaño cun concerto no que estaremos acompañados polo Coro da ESAD.

O repertorio que interpretará cada unha das corais será 


Coro da ESAD

  • Compañeira (X.L. Rivas, Julio Domínguez)
  • Da rosa rosiña (Julio Domínguez)
  • Mariñeiro (Rogelio Groba)
  • Eu teño un canciño (Cantar de cego de Lugo)
  • Canción do temporal (L. Amado / J. López) 

Coro sénior

  • Peixiño de cristal (Xosé María Álvarez Blázquez, Xosé Alfredo Oliveira)
  • Esta Terra, (Francisco Pino,Javier Busto) 
  • Prende salgueiriño prende (popular galega,  harmonizado por Emilio Lede)
  • Canção do Mar (Federico de Brito, Ferrer Trinidade, Harmonizado por Ramiro Lopes)
  • Lela (Alfonso D. Rguez Castelao, Rosendo Mato Hermida, Xosé Carlos Seráns)

venres, 17 de abril de 2026

Habaneras 2026

 


O domingo, 26 de abril, o Coro sénior do campus de Vigo participará no XXº Festival de Habaneras e Polifonía "Ao son das Illas Cíes". Nesta xornada na que finaliza esta edición, a partir das seis da tarde compartiremos o escenario do Teatro Afundación (antes García Barbón) con outras cinco corais para pechar o concerto.




 

Artigos máis vistos