Como ven sendo habitual o Coro sénior púxolle música a varios actos de graduación de diferentes titulacións da Universidade de Vigo.
Algúns dos vídeos poden visualizarse na lista de reprodución "Graduacións 2026"
Comezamos o martes, 17 de xuño, coa graduación do alumnado do Programa Universitario de Maiores (PUM), no salón de Actos d Facultade de Filoloxía e Tradución. Esta graduación é especial para nós, pois reciben o diploma de graduadas e graduados as nosas compañeiras e compañeiros. Neste acto interpretamos os seguintes temas: Prende salgueiriño, Canção do Mar, Ay! Linda amiga, Compañeira, Gaudeamus Igitur e Himno galego.
Ao día seguinte participamos na graduación do alumnado de grao e mestrado do alumnado da Facultade de Comercio, centro que nos acolle e no que celebramos unha parte dos nosos ensaios. O acto celebrouse no Pazo de Congresos Mar de Vigo no que cantamos Cohors Generosa, Cançao do mar e Gaudeamus Igitur.
O acto de graduación foi gravado por UVigo TV e pode verse neste enlace
O venres, 19 de xuño, no salón de actos da Facultade Ciencias Económicas e Empresariais, cantamos no acto de graduación do alumnado do grao de Dereito da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. Nese acto que como sempre pechamos co Gaudeamus Igitur, iniciouse ao son de Canticorum jubilo e logo da entrega de diplomas foi momento da habanera galega Peixiño de cristal.
Rematamos o venres, 26, no mesmo lugar e para alumnado da mesma Facultade que o anterior acto coa graduación da titulación de Relacións Laborais e Recursos Humanos e do curso de integración "Programa universitario para o emprego e a vida autónoma". O repertorio neste acto foi Cum decore, ao que lle seguiu Prende salgueiriño, prende e finalizamos co himno universitario Gaudeamus Igitur.

Ningún comentario:
Publicar un comentario