Neste Nadal organizamos tres concertos de panxoliñas e villacincos. Na igrexa de Bouzas, o primeiro, en Peritos o segundo e o terceiro na Concatedral de Santa María no barrio vello de Vigo.
Para todas as persoas que nos seguides e nos apoiades nos concertos, para as que vedes os nosos vídeos, para a comunidade coral galega e máis alá, vai a nosa felicitación de Nadal.
Deixámosvos a felicitación musical coa interpretación de Adeste Fideles que fixemos o pasado xoves, 18, para pechar o concerto na Escola de Enxeñaría Industrial xunto co Coro da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario