xoves, 16 de outubro de 2025

Vozes do Mar de Vigo

O Coro Académico da Universidade do Minho recibiranos en Braga para celebrar un concerto conxunto na igrexa da Santa Cruz, o venres (sexta-feira), 24 de outubro, ás 21.00 horas que na nosa honra deron en chamar "Voces do Mar de Vigo". 

O concerto, forma parte da viaxe cultural que o Coro sénior do campus de Vigo, realiza ás cidades de Braga e Guimarães nos días 24 e 25 do mes que andamos.

Estamos moi agradecidos polas atencións e facilidades que dende o primeiro momento nos está dando a dirección do CAUM para celebrarmos este irmanamento coral.
O CAUM, está dirixido na actulidade polo Maestro César Freitas, e dende o seu nacemento, no 1989, ten sido merecedor de premios, galardóns e do aplauso nos máis de seiscentos concerto celebrados en Portugal e fora do país.

No repertorio que interpretaremos haberá música sacra, música contemporánea, cancións populares galegas e tamén algunha portuguesa. Estas son as pezas que estamos preparando:

  • Locus iste (Anton Bruckner) 
  • Popule meus (Tomás Luis de Victoria)
  • Lascia ch'io pianga (George Frideric Handel)
  • Cantata 147: Jesus bleibet meine Freude (Johann Sebastian Bach)
  • Cançao do mar (Federico de Brito, Ferrer Trinidade, Harmonizado por Ramiro Lopes)
  • Esta terra (Francisco Pino, Javier Busto)
  • María Soliña (Celso Emilio Ferreiro, Antonio Paz Valverde)
  • Lela (Alfonso D. Rguez Castelao, Rosendo Mato Hermida, Xosé Carlos Seráns) 

Ningún comentario:

Artigos máis vistos