xoves, 3 de xullo de 2025

Concerto de Corais CEIP Carballal

 O domingo, 6 de xullo, ás 19.30 horas, no CEIP Plurilingüe Carballal de Cabral, o Coro sénior do campus de Vigo participará no Concerto de Corais organizado pola Asociación Cultural O Coto. Ademais do Coro sénior e a anfitriona, Coral Polifónica O Coto, poderemos escoitar á Coral Polifónica San Pelayo de Navia.

O concerto patrocinado polo Concello de Vigo, está incluído na programación de ACOPOVI.

No concerto interpretaremos o seguinte repertorio:

- ⁠ Locus iste 
- ⁠ María Soliña 
- Jesús bleibet meine Freude
- Lela
- Enguedellos
 

 

Ningún comentario:

Artigos máis vistos