xoves, 2 de abril de 2026

19º Festival Coral de Música Sacra na igrexa de San Miguel de Bouzas

 O sábado, 11 de abril, ás 20:00 horas, o Coro sénior do campus de Vigo participará no concerto do  19º Festival Coral de Música Sacra, organizado por ACOPOVI e co patrocinio do Concello de Vigo que se celebrará na igrexa de San Miguel de Bouzas

Os coros participantes interpretarán o repertorio que compartimos de seguido.

CORAL POLIFÓNICA AMADEUS, dirixido por Juanjo Cura 
Mesías: Since by man came death (G. F. Haendel)
Que Dios te bendiga (Peter Lutkin)
Oh, Señor, eu non son merecente (Ángel Viro)
God so loved the world (John Stainer)
Himno Teresiano (Santa Teresa de Jesús)

CORO SÉNIOR CAMPUS DE VIGO, dirixido por Jacobo García González
Lascia ch’io pianga (G. F. Haendel)
Signore delle cime (Giuseppe di Marzi)
Popule meus "Improperia" (T. L. de Victoria)
Locus iste (Anton Bruckner)
Cantata 147: Jesus bleibet meine Freude (J. S. Bach)

xoves, 26 de marzo de 2026

19º Festival Coral de Música Sacra na igrexa do Rocío

 O luns, 30 de marzo , ás 20:30 horas, o Coro sénior do campus de Vigo participará no concerto do  19º Festival Coral de Música Sacra, organizado por ACOPOVI e co patrocinio do Concello de Vigo que se celebrará na igrexa de Nosa Señora do Rocío. Os coros participantes interpretará o repertorio que compartimos de seguido.

CORAL POLIFÓNICA PEDRA BLANCA DE CESANTES, dirixida por Miguel Francisco Moreno Pérez, ofrecerá o segunite repertorio:
Hallelujah! (Leonard Cohen)
Ave María (Francisco Palazón)
Signore delle cime (Giuseppe di Marzi)
Ave verum corpus (W. A. Mozart)
Suite litúrgica: Sanctus (Eugène Butler)

CORO SÉNIOR CAMPUS DE VIGO, dirixido por Jacobo García González, cantarán as seguintes pezas:
Lascia ch’io pianga (G. F. Haendel)
Stabat Mater (Zoltán Kodály)
Popule meus "Improperia" (T. L. de Victoria)
Locus iste (Anton Bruckner)
Cantata 147: Jesus bleibet meine Freude (J. S. Bach)

CORAL POLIFÓNICA VIVACCE, dirixida por Nani Lima Montenegro, rematará o acto coa interpretación de:
Canta Aleluya (Linda Stassen)
Anima Christi (Marco Frisina)
Messe brève: O salutaris Hostia (Léo Delibes)
La Encarnación (John Rutter)
Salve Rociera (Manuel Pareja)


 

martes, 24 de febreiro de 2026

O Coro na Radio 50 y pico

O mércores, 25 de febreiro. o Coro sénior participará na gravación do programada Radio 50 y pico. Interpretaremos dúas pezas do noso repertorio: Cançao do mar (Federico de Brito, Ferrer Trinidade, Harmonizado por Ramiro Lopes) e Esta terra (Francisco Pino, Javier Busto)

No programa entrevistarán ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel J. Reigosa Roger, e ao alcalde da cidade Abel R Caballero Álvarez. Como este non puido acudir, envíou para que o substituira a concelleira de medio ambente Nuria Rodríguez. 

Se queres  escoitar o programa de radio completo fai clic aquí E se queres escoitar as cancións interpretadas polo Coro sénior pincha no enlace correspondente:

A Radio 50 y pico pertencen ao grupo de emisoras Radio CEUS (Cadena de Emisoras Universitarios Sénior)

 


 

sábado, 24 de xaneiro de 2026

Festividade de San Tomé 2026 na Universidade de Vigo

 O mércores, 28 de xaneiro, a Universidade de Vigo celebrará o acto académico da festividade de San Tomé de Aquino, patrón da universidade. 

No acto entregaranse as distincións académicas ao alumnado que obtivera os premios de doutoramento e fin de grao. No acto participa una ampla representación da sociedade, da comunidade universitaria e familiares e amizades do alumnado galardoado no mesmo.
O acto celebrarase no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e a música estará interpretada polo Coro sénior do campus de Vigo.

Actualización 29-01-26

Celebrado o acto de San Tomé, incorporamos o vídeo da UVigo TV correspondente ao mesmo. O Coro sénior interpretou o seguinte repertorio:

  • Canticorum jubilo  (Georg Friedrich Händel) Inicio
  • Cançao do mar (Federico de Brito, Ferrer Trinidade, Harmonizado por Ramiro Lopes) 32' 20''
  • Gaudeamus Igitur (Anónimo) 1h 12' 35''

 

domingo, 21 de decembro de 2025

Felicitación Nadal 2025

 Neste Nadal organizamos tres concertos de panxoliñas e villacincos. Na igrexa de Bouzas, o primeiro, en Peritos o segundo e o terceiro na Concatedral de Santa María no barrio vello de Vigo.

Para todas as persoas que nos seguides e nos apoiades nos concertos, para as que vedes os nosos vídeos, para a comunidade coral galega e máis alá, vai a nosa felicitación de Nadal.


 Deixámosvos a felicitación musical coa interpretación de Adeste Fideles que fixemos o pasado xoves, 18, para pechar o concerto na Escola de Enxeñaría Industrial xunto co Coro da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia.


 

Artigos máis vistos